Anexo: Nota do PSOE anunciando Touriño.tv

Partilhar

 

MAÑÁ ARRANCA TOURIÑO.TV, A TELEVISIÓN EN INTERNET DO PRESIDENTE DA XUNTA E CANDIDATO Á REELECCIÓN
 
Mañá ás 12,00 horas levarase a cabo o lanzamento de touriño.tv, a televisión por internet do Presidente da Xunta e candidato á reelección, Emilio Pérez Touriño. A páxina arranca cunha entrevista ao Presidente en clave persoal na que, ademais, decidiron participar a través do envío das súas preguntas os directores dos principais medios de comunicación galegos.
 
A televisión de Emilio Pérez Touriño, touriño.tv, será presentada en rolda de prensa ás 11,00 horas da mañá no Hotel Puerta del Camino pola Secretaria de Organización do PSdeG-PSOE, Mar Barcón.
 
Actualmente pódese acceder á páxina a través do enderezo http://touriño.tv/ para aqueles usuarios que dispoñan dos navegadores de Internet como o Internet Explorer 7, Mozilla Firefox, Ópera ou Safari ou en http://tourino.tv/ para todos os demais. Neste enlace pode seguirse a conta atrás de arranque da web, que se producirá mañá ás 12,00 horas.
 
As últimas versións dos navegadores de Internet como o Internet Explorer 7, Mozilla Firefox, Ópera ou Safari xa veñen preparados para interpretar e utilizar correctamente os dominios IDN como touriño.tv. No caso do Internet Explorer 6, ou versións anteriore,s é necesario instalar un PlugIn dispoñible en Internet.
 
Con esta iniciativa, Emilio Pérez Touriño convértese no primeiro Presidente da Xunta de Galicia que concede unha entrevista en internet.
 
Con esta entrevista, arranca a nova televisión en internet coa que Emilio Pérez Touriño quere dar un novo pulo ao uso das novas tecnoloxías co obxectivo de achegarse aínda máis á cidadanía.
 
Deste xeito, os cidadáns convértense en protagonistas a través da súa participación nos contidos desta nova canle de comunicación.
 
Touriño.tv é a primeira televisión en Internet que fai uso da “ñ”, letra característica dos idiomas español e galego. Touriño.tv súmase así de xeito pioneiro aos dominios IDN (International Domain Names). Estes dominios poden utilizar caracteres como a “ñ”, as letras acentuadas ou os caracteres con diéresis. Para elo utilízase un código chamado Punycode, que traduce estes caracteres ao código ASCII utilizado tradicionalmente polos nomes de dominios de Internet.