O congresso decorrerá do 19 ao 22 de setembro no Museu do Povo Galego em Compostela.
A curadoria científica do evento é responsabilidade de Anselmo López Carreira, e no decorrer do evento haverá até 18 relatorias de pessoas expertas em diferentes áreas ligadas à matéria:
- Alberto Lago Villaverde [MURGUÍA, Revista Galega de Historia] apresenta: O reino da Gallaecia no contexto europeo
-
Anselmo López Carreira [UNED] apresenta: O lexitimismo galego entre Portugal e Inglaterra [século XIV]
- Antón Xosé Meilán García [Universidade de Oviedo] apresenta: Pardo de Cela e o Estado Moderno
- Carlos Andrés González Paz [Instituto ‘Padre Sarmiento’] apresenta: Contribución á socioeconomía agraria da Galicia medieval: a viticultura heroica nas terras de Mondoñedo
- Carlos Baliñas Pérez [Universidade de Santiago de Compostela] apresenta: A Gran Fenda. A desagregación do vello “Regnum Gallaeciae” altomedieval e as orixes da monarquía nacional feudal de Galicia (1037-1139 E.C.)
- Carlos L. Bernárdez [Historiador da arte] apresenta: A arte na Galicia tardorromana e medieval. Desde a creación do reino ao ano 1000
- Eduardo Pardo de Guevara [Profesor de Investigación del CSIC. Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento] apresenta: Viejos y nuevos linajes en el reino de Galicia (Siglos XIII-XV)
- Héitor Picallo [Investigador] apresenta: O Reino de Galicia na heráldica europea
- Mariña Bermúdez Beloso [Universidade de Santiago de Compostela] apresenta: Terras, condados, territorios: recompoñendo un crebacabezas
- Martín Fernández Calo [Historiador] apresenta: Reis antes do Reino: arredor da entidade e pervivencia das xefaturas tribais galaicas ata o albor da Idade Media
- Mercedes Brea [Universidade de Santiago de Compostela] apresenta: Galicia e a lírica trobadoresca
- Pablo C. Díaz Martínez [Universidade de Salamanca] apresenta: Fontes e historiografía do reino suevo. Unha relectura
- Pegerto Saavedra [Universidade de Santiago de Compostela] apresenta: As Xuntas e o final do Reino: do séc. XVI á década de 1830
- Ramón Grosfóguel [Universidade de Berkeley, California] apresenta: A dialéctica entre a conquista do reino de Galicia e a conquistade Al-Ándalus na Península Ibérica
- Ramón Yzquierdo Peiró [Museo da Catedral de Santiago] apresenta: Arte da Era Compostelá: unha Catedral para os reis de Galicia
- Simon R. Doubleday [Universidade Hofstra, Nova York] apresenta: Historia de dúas fronteiras. Algunhas reflexións sobre as relacións con al-Ándalus durante o reinado de Fernando I e Sancha de Galicia-León [1038 – 1065]
- Xosé Miguel Andrade Cernadas [Universidade de Santiago de Compostela] apresenta: En permanente reforma: o monacato na Galicia medieval
-
Xosé Ramón Pena [UNED] apresenta: Breve crónica da prosa medieval galega
Para se inscrever cumpre anotar-se aqui.
Eis o programa completo:
Programa-web_Congreso-o-Reino-Medieval-de-Galicia