Partilhar

Duas normativas para o galego?

texto de Xoan Antón Pérez-Lema extraído de El Correo Gallego

A Associaçom Galega da Lingua (AGAL), que preside Eduardo S. Maragoto, ven de propor intelixentemente a admisión en pé de igualdade, canda a normativa oficial da Real Academia Galega, da normativa do galego internacional, aquelando conscientemente o criterio de identidade co de utilidade e poñendo o foco tanto na pertenza ao galego ao tronco lusófono como o evidente dos seus caracteres diferenciais por mor da evolución histórica.

Compre dicir que tamén a RAG, dende a liña respectuosa co reintegracionismo que representan o seu presidente, Vitor Freixanes ou o seu secretario, Henrique Monteagudo, foi quen de se afastar de tempos pasados nos que se caracterizou por excluir da consideración cultural e intelectual a lingüistas e autores tan notábeis como Carvalho Calero (ogallá axiña se lle dedique o Día das nosas Letras que lle pertence) ou Marinhas del Valle, canda a xenreira de determinados académicos a respecto das persoas que lexitimamente usaban dunha opción alicerzada na filoloxía e na historia.

“Velaí que sexan tempos para xuntar esforzos. Tan galega é a escrita ILG-RAG de Manuel Rivas, Suso de Toro ou Xavier Alcalá como a reintegracionista e internacional de Teresa Moure”

Velaí que sexan tempos para xuntar esforzos. Tan galega é a escrita ILG-RAG de Manuel Rivas, Suso de Toro ou Xavier Alcalá como a reintegracionista e internacional de Teresa Moure e as dúas arrequecen a nosa literatura e a nosa lingua. Cómpre, pois, rematar de vez coa discriminación que outrora sofriron -e seguen a sofrir- na súa liberdade os autores lusistas.

Outro avance fundamental sería implantarmos a Lei Paz Andrade de vez, mais mudando un erro substancial que está a pexar a súa implantación nos seus cinco anos de vixencia. Como aqueladamente teñen observado Xavier Alcalá ou Henrique Sáez Ponte, o erro é considerarmos o portugués como lingua extranxeira, cando a súa aprendizaxe polo miúdo haberíase instrumentar nas aulas de galego, até chegar ao total dominio da nosa lingua e a un cumprido nível no portugués e no brasileiro.

Máis dúbidas teño a respecto de institucionalizar o binormativismo que desenvolven as linguas nacionais da Noruega e de Luxemburgo. Canda as súas avantaxes evidentes non se nos poden agachar certos inconvenientes vencellados á racionalidade de evitarmos elementos de confusión no ensino. Porén, conviña afondar xa no achegamento léxico do galego ao portugués ou mesmo estudar a conveniencia de determinadas aproximacións ortográficas parciais. En calquera caso, é un debate onde haberíamos escoitar nomeadamente aos lingüistas.

Seica pode abrirse un tempo e un espazo de concordia no uso normativo do galego, inéditos nos últimos 40 anos.

Burela, romance do escritor brasileiro Efigénio Moura, disponível em pré-venda na loja online da Através Editora

Lançamento de Begonha Caamanho, uma das nossas, em Lugo

Ângelo Brea apresenta Ensinamentos de Rahotep em Bertamiráns

Através Editora publica Ensinamentos de Rahotep, de Ângelo Brea, obra ganhadora do I Prémio de Criação Literária da Cátedra Carvalho Calero da USC

Lançamento de Tourists, go home? Em Ponte Vedra

Os artigos dos topónimos no novo Nomenclátor

Burela, romance do escritor brasileiro Efigénio Moura, disponível em pré-venda na loja online da Através Editora

Lançamento de Begonha Caamanho, uma das nossas, em Lugo

Ângelo Brea apresenta Ensinamentos de Rahotep em Bertamiráns

Através Editora publica Ensinamentos de Rahotep, de Ângelo Brea, obra ganhadora do I Prémio de Criação Literária da Cátedra Carvalho Calero da USC