A gala decorreu no sábado, no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Na Gala, apresentada polo ator Xosé Barato, forom entregues prémios em 13 categorias. Sendo, cinco corujas, a obra de Susana Arins editada na Através, o único trabalho com ortografia reintegracionista entre os finalistas. cinco corujas competia na sua categoria com dous romances editados por Xerais, A parte fácil, de Ismael Ramos, e Coa man esquerda, de Xabier Quiroga.
Susana nom puido acudir à cerimónia, e leu em seu lugar um texto de agradecimento Andrea Barreira.
O jurado desta novena edición estivo formado por Andrea Barreira, David Cortizo, Beatriz Fariñas, Lorena Gómez, Carlos Negro, Arantxa Nogueira e María Villaverde.
Os prémios Follas Novas estám organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Livrarias da Galiza (FLG), com o apoio do da cámara municipal de Compostela, a Deputación da Coruña, a Xunta da Galiza e CEDRO (Centro Español de Derechos Reprográficos).
Obras premiadas
Obra de ensaio e investigaçom
Ser Cetáceo. O fascinante inverno do animal de fondo. Francisco Xosé Fernández Naval. Editorial Bululú.
Obra de divulgaçom
O cento voando. Amores, alianzas emonogamias. Andrea Nunes Brións e Ánxela Lema (coord.). Edicións Xerais.
Narrativa
Cinco corujas. Susana Sanches Arins. Através Editora.
Obra infantil
A botella de lentellas. Leticia Barbadillo. Edicións Xeraisde Galicia.
Obra juvenil
Burbullas de calma serena. Andrea Maceiras. Cuarto de inverno.
Libro ilustrado
Maruja Mallo. Enigmaticamente única. Bea Gregores (i) María Canosa. Editorial Bululú.
Banda desenhada, gráfico e humor
Fago o que podo. Afra Torrado. Rodolfo e Priscila.
Iniciativa bibliográfica
Colección Candemaia. Edicións Laiovento.
Obra traduzida
Deiche os ollos e miraches as tebras. De Irene Solá. María Alonso Seisdedos. Kalandraka.
Livro de poesia
Retratos de vodas, partos e funerais. Silvia Penas. Editorial Galaxia.
Livro de teatro
Festas de gardar. Díptico para a resistencia. Lorena Conde. Cuarto de inverno.
Libro melhor editado
O gran libro dos nosos montes. Blanca Millán. Cumio Editorial.
Promoçom da leitura
Espazo Lectura de Gondomar
Prémios honoríficos
Para além dos prémios aos livros publicados no ano precedente, as três associações responsáveis do evento acrescentam mais três prémios honoríficos, em que se homenageia umha figura das letras, umha do mundo editorial e umha livraria. Estes galardons de honra forom para a livraria Eixo de Ourense, para o desaparecido editor Francisco Porrúa e para o escritor basco Joseba Sarrionandia.