Os dias 18-19 de julho decorreu na Faculdade de Filologia da Universidade da Corunha (UDC) o 1º Encontro do Livro Galego, que congregou pessoas representantes das instituiçons culturais (Subdirección Xeral do Libro, Consello da Cultura Galega, área de Cultura da Deputación da Coruña), da investigaçom (Universidade da Corunha, da Universidade de Vigo, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades) e do ámbito profissional (Asociación Galega de Editoras, Federación de Librarías de Galiza, Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación, Consorcio Editorial Galego).
O encontro serviu para partilhar diagnósticos e estrategias de futuro em relaçom ao mundo editorial nos seus distintos eixos: institucional, profissional, associativo e académico. Algumhas das conclusons de conjunto foram a escasa profissionalización do setor, a necessidade de reconsiderar as estrategias de internacionalizaçom do livro galego, a falta de diálogo entre o ámbito profissional e institucional.
O evento foi organizado no seo do projeto de investigaçom “Campo Editorial e Cultura Autonómica: institucionalização e industrialização do livro na Galiza (1978-2026)”. Pode consultar-se mais informaçom sobre o projeto e sobre o Encontro en www.livrogalego.net.