Partilhar

Amar é un verbo

texto de Marica Campo extraído de El Progreso e Diario de Pontevedra

Chámanlles verbos bonitos aos que transmiten unha idea positiva, fermosa. Amar, por exemplo. É obvio que a clasificación é subxectiva e moito me parece que haberá lingüistas que nin sequera a consideren. En troques, pararán mentes na que os divide en verbos de estado, de proceso ou de acción. Non é cousa de definilos agora. Hai quen asegura que amar é un verbo de estado. Para min, ou é asemade de acción, ou non responde ao que eu entendo por amar.

Este preámbulo vén a conto da celebración de hoxe, Día das Letras Galegas e, se me permiten o que ten de persoal, 104 aniversario tamén do nacemento de miña nai. Sen dúbida ela concordaba co que digo do verbo amar porque repetía con frecuencia o de “obras son amores…”

Como cada ano, a oficialidade botará bonitos discursos sobre o autor que toca. E mañá será outro día. Outro día para seguirmos a perder falantes por non lle dar o seu espazo á lingua con que os nosos devanceiros e devanceiras nomearon o mundo. Declaracións de amor, as que se precisen; accións positivas, as mínimas e, sobre todo, as toleradas polos que renegan de si mesmos.

Sen que vaia en detrimento da honra que lle debemos e queremos facer a don Antón Fraguas, escritor, profesor, etnógrafo e antropólogo, ao servizo de Galiza, teño que lembrar máis unha vez a don Ricardo Carvalho Calero, o sempre postergado pola Academia. Moitas persoas que alí ocupan cadeira beberon da súa obra malia non recoñecelo. “De ben nacidos…”.

Esgrímese a deriva lusista do profesor ferrolán nos seus derradeiros anos como xustificación para non lle outorgar o recoñecemento que merece. Sospeito que non é o verdadeiro motivo, porque foron varios os homenaxeados que, coma el, escribiron parte da súa obra na normativa que a Academia repudia. Certo que el se distinguiu na súa defensa e razóns non lle faltaban. Do achegamento ao mundo da lusofonía (casualmente este termo non figura no dicionario da RAG), o seu espazo natural, medra a posibilidade de comunicación con 250 millóns de falantes.

Por iso me parece moi atinada a idea do binormativismo, proposta que fai a Agal (Asociación Galega da Lingua) e que consistiría en que, ademais da normativa oficial vixente, existise outra máis próxima ao portugués para certos espazos, como os relacionados coa súa proxección internacional. Luxemburgo e Noruega fixeron algo semellante coas súas linguas e poderiamos aprender das súas experiencias.

Dese xeito preservaríanse -aseguran- os dereitos de todo o mundo, tanto desde o punto de vista identitario como do lingüístico. Buscar iniciativas que unan vontades é entender o verbo amar, verbo bonito. “A forza -dixo Coven- está nas nosas diferenzas”.

Burela, romance do escritor brasileiro Efigénio Moura, disponível em pré-venda na loja online da Através Editora

Lançamento de Begonha Caamanho, uma das nossas, em Lugo

Ângelo Brea apresenta Ensinamentos de Rahotep em Bertamiráns

Através Editora publica Ensinamentos de Rahotep, de Ângelo Brea, obra ganhadora do I Prémio de Criação Literária da Cátedra Carvalho Calero da USC

Lançamento de Tourists, go home? Em Ponte Vedra

Os artigos dos topónimos no novo Nomenclátor

Burela, romance do escritor brasileiro Efigénio Moura, disponível em pré-venda na loja online da Através Editora

Lançamento de Begonha Caamanho, uma das nossas, em Lugo

Ângelo Brea apresenta Ensinamentos de Rahotep em Bertamiráns

Através Editora publica Ensinamentos de Rahotep, de Ângelo Brea, obra ganhadora do I Prémio de Criação Literária da Cátedra Carvalho Calero da USC