Partilhar

Valentim R. Fagim e Joám Lopes Facal respondem declaraçons de Ferrín contra o reintegracionismo

PGL – O presidente da AGAL, Valentim R. Fagim, e o economista Joám Lopes Facal, respondem na revista Tempos Novos as afirmaçons realizadas polo presidente da RAG numha entrevista recolhida no número anterior dessa publicaçom.

Daquela, Xosé Luís Méndez Ferrín referia-se às pessoas reintegracionistas em termos bastante despectivos, infravalorizando a releváncia do reintegracionismo e chegando a comparar o movimento com colectivos como Galicia Bilingüe.

Tempos Novos: As maiores reticencias cara a Ferrín veñen dos que defenden un acordo ortográfico co portugués. Vostede expresa acotío que sería un forzamento da realidade e que a nosa querenza non é recíproca. Que facemos co tema? Actuar coma se non existise? Pedirlles que se disolvan?

X. L. Méndez Ferrín: O mesmo que con Galicia Bilingüe. É xente que está en contra do idioma. Que fagan o que queiran. Teñen a rúa, os foros sociais, os medios de comunicación, os sindicatos. Que vaian predicar á porta de Citroën.

TN: Parte dos sectores soberanistas optan por esa vía. Se Ferrín tivese 20 anos, probabelmente seriía reintegracionista.

MF: Se son soberanistas, é curioso. Queren a soberanía de Galicia, pero non a do idioma galego.

TN: O que defenden tampouco é o klingon de Star Trek. Igual que se defenden dereitos políticos históricos… Cabe sentarse a falar, ou “nin auga”?

MF: Eu vivo no mundo obreiro e cultural organizado: na RAG, na Trabe de Ouro. E onde eu vivo non existe iso. Terei que facer algunha excursión para coñecelo.

TN: Editan medios, e na rede vese…

MF: O bonito da erde é que non hai xerarquías, é un universo con poucos nomes propios e onde un pode facer de vinte.

Esta equiparaçom com Galicia Bilingüe é deostada por Facal e Fagim, que nos seus respectivos artigos respondem ao presidente da Real Academia Galega. Podem ler as duas respostas no ficheiro PDF anexo, e a do presidente da AGAL nesta ligaçom.

Ambos consideram pouco responsáveis as declaraçons de Ferrín, especialmente polo que contenhem de divisom e de desprezo de outras maneiras de dignificar a língua.

 

+ Ligaçom relacionada:

Os artigos dos topónimos no novo Nomenclátor

Juan Luis Fernández apresenta o livro Futebol Gaélico em Celanova

Colóquio sobre Tourists, go home? na Semana do Livro de Compostela (SELIC)

Lançamento do livro, Tourists, go home? em Pontedeume

Lançamento do livro Begonha Caamanho, na Corunha

Henrique Marques Samyn visita Compostela para falar sobre literatura negra brasileira

Os artigos dos topónimos no novo Nomenclátor

Juan Luis Fernández apresenta o livro Futebol Gaélico em Celanova

Colóquio sobre Tourists, go home? na Semana do Livro de Compostela (SELIC)

Lançamento do livro, Tourists, go home? em Pontedeume