Partilhar

Binormativismo: ideal de futuro

binormativismo-marina

«Mentres o monolingüismo en castelán expándese entre a sociedade, o galego perde presenza nos planos da vida pública, cultural e informativa: lingua minoritaria no mundo empresarial ou nos medios de comunicación e en campos como a ciencia ou a publicidade. Ante o futuro incerto, determinado pola perda da transmisión familiar e os erros nas medidas normalizadoras, o binormativismo eríxese como ruta alternativa e posibel solución á augurada desaparición da lingua galega.

A convivencia de ambas normativas significaría un retorno á orixe común de ambas. Un recordo actual daquel romance, lingua literaria das cantigas medievais, que naceu no século VII e desaparecería por cuestións políticas e territoriais. Como un intento de supervivencia, a adopción da norma portuguesa garantiría o acceso a recursos de diferentes ámbitos (revistas, xornais, producións audiovisuais…) que na actualidade non son publicados no noso idioma. Do mesmo modo, permitiría o intercambio cultural entre dúas nacións que comparten historia, tradición e costumes.

Mais os beneficios desta política lingüística non se limitan ao plano cultural, senón que se estenden á economía da comunidade: facilitaría o acceso ao mercado laboral dos países lusófonos, unha mellora na comunicación que incentivaría novos proxectos de cooperación transfronteiriza e en consecuencia, estimularía o crecemento económico.

En suma, o binormativismo non comporta a desaparición ou depreciación da normativa galega. É, pola contra, un apoio, un intento de garantir a súa supervivencia, a manifestación visible da irmandade entre Galicia e Portugal. Un ideal de futuro que recupera o pasado e a historia da nosa lingua nai: a linguaxe.»

Prêmio Oceanos 2024 premia Micheliny Verunschk e Nuno Júdice

Chichalovers, Ela Diz e Toxo Telecom ganham os prémios Manuel Beiras, polo uso do galego no comércio e a empresa de Compostela

Irá Hybris apresenta a Abolição do género para a sua expansão no Porto e Lisboa

Angela Davis: ícone global do feminismo e dos direitos civis no encerramento de “Mulleres (d)Abril — Os Realizadores e a Revolução”

Lançamento de Uma história pequena da Galiza rural em Alhariz

Gnocchi de abóbora com queijo Sam Simom

Prêmio Oceanos 2024 premia Micheliny Verunschk e Nuno Júdice

Chichalovers, Ela Diz e Toxo Telecom ganham os prémios Manuel Beiras, polo uso do galego no comércio e a empresa de Compostela

Irá Hybris apresenta a Abolição do género para a sua expansão no Porto e Lisboa

Angela Davis: ícone global do feminismo e dos direitos civis no encerramento de “Mulleres (d)Abril — Os Realizadores e a Revolução”