AMEGA comemorou o Dia dos Meios em Galego com o programa #MoitoqueSachar



O passado sábado 20 de março a Asociación de Medios en Galego (AMEGA) comemorou o Dia dos Meios em Galego com a retransmissom, em streaming, do programa a modo de “Late Night” que tivo de ser adiado o passado 7 de fevereiro (a data oficial, aprovada no Parlamento da Galiza, que homenageia a saída do primeiro jornal em galego, O Tío Marcos d’a Portela, em 1876) por causa das restriçons da crise sanitária.
A Casa Museo de Rosalía acolheu a emissom do programa especial apresentado por Federico Pérez Rey, um dos rostos mais conhecidos do audiovisual galego, que estivo acompanhado pola música ao vivo dumha banda formada por Iván Barreiro, à guitarra; Carlos Arévalo, à bateria; e Ale Casquero aos teclados. Foi umha festa da língua, com entrevistas, sketches, o nascimento dum novo projeto, assim como singulares surpresas que demonstraram o papel fundamental do galego como principal motor da comunicaçom no nosso país.

O programa foi retransmitido nos canais de AMEGA em Youtube, Facebook e Twitch. Ademais, também se emitiu ontem domingo às 21:30h em Nós Televisión e hoje, segunda-feira, às 18:00h em todas as emissoras municipais galegas da rede de Radiofusión.

A dia de hoje na Associaçom, AMEGA, participam já 40 meios de comunicaçom. Mas a nível galego somos mais de 140 meios ativos que comunicamos na nossa lingua: 40 Nordés, 5FM, A Cuarta Parede, A Louriña, A Nosa Terra, A Movida Vigo, A Nova Peneira, A que cheira papá, A Trabe de Ouro, A viñeta de Schordinger, A Voz de Vilalba, Ábretedeorellas, Adiante.gal, Agora.gal (próxima abertura), AmariñaXa, AMSGO!, Ames Radio, As Nosas, Badal Novas, Balea, Barrios, Biosbardia, Caleidoscopica Revista, Campo Galego, Canal Barbanza, Canal Rias Baixas, Canle Ribeira Sacra, Canto Ghalpón, Cerna Revista, Cerne, Código Cero, Comarcasnarede, Coralia, Crónica 3, Crónicas da comarca, CUAC FM, CulturaGalega, Diario Liberdade, Diario do Támega, Dende a Limia, Disquecool, DZ Dixital, Ecos da Comarca, En Común, Entre Nós, Erregueté, Fervenzas Literarias, Galicia Cinexética, Galicia Confidencial, GalizaLivre, GCiencia, Grial, GZmusica, Historia de Galicia, Inviable Revista, Irimia, Kallaikia, Lalín e Comarca, Lindeiros, Lugo Xornal, Luzes, Mallando no Android, Mazarelos, Nós Diario, Nós Televisión, Nova Fantasía, Novas da Galiza, Novas de Turonio, Novas do Eixo Atlántico, O Barbanza, O Dez, O Farelo, Ollaparo, O Papagaio, O Rosaleiro, O Sil.info, Orgullo Galego, Palavra Comun, Ponte nas ondas, Pontevedraviva, Portal Galego da Língua, Praza Pública, Primeira Noticia, Proxecto Neo, Que pasa na Costa, Radio Allariz, Radio Arzúa, Radio As Nogais, Radio Burela, Radio Caldas, Radio Cerceda, Radio Culleredo, Radio Estrada, Radio Eume, Radio Fene, Radio Foz, Radio Galega, Radio Lalín, Radio Melide, Radio Negreira, radiNeria, Radio Nordés – Cadena Ser, Radio Oleiros, Radio Ordes, Radio Piratona, Radio Quiroga, Radio Redondela, Radio Roncudo, Radio Salnés (Cambados), Radio Tui, Radio Valga, Radio Valladares, Radio Xallas, Radiofusión, Revista Feminista Andaina, Revista Feminista Revirada, Revista Morcego, Revista Nalgures, Revista Pincha, Sprintmotor, Sondolouro, SurfGZ, Televinte Chantada, Televisión de Galicia, Tempos Novos, Teo Vivo, TerrachaXa, Vaca Pinta, Vinte, Xarda, Xornal de Betanzos, Xornal 21, Xornal de Lemos, Xornal da Mariña, Xornal de Vigo e Zona Press.


PUBLICIDADE

  • https://pglingua.org/index.php abanhos

    diarioliberdade.org?