Partilhar

A Mesa anima à participaçom maciça no 1-M

PGL – A Mesa pola Normalización Lingüística emitiu um comunicado nesta quinta-feira através do qual pede «nom votar nas forças políticas que, como o PP, queiram legislar contra o galego». Da entidade normalizadora afirmam que «um governo do PP seria um retrocesso letal para a língua que nos une como galegos e galegas».

A seguir reproduzimos o comunicado na íntegra da Mesa, no seu original (ILG-RAG).

A Mesa pola Normalización Lingüística chama a sociedade galega a participar masivamente nas urnas este próximo domingo 1 de marzo para respaldar máis avances no proceso de normalización de usos e funcións do idioma propio da Galiza na lexislatura que saia destas eleccións.

A maior asociación cultural do país propón que non se vote ás forzas políticas que quererían lexislar contra o galego, como é o caso do PP, que anunciou que no caso de gobernar derrogaría o decreto que regula un mínimo do 50% do ensino neste idioma. Segundo indica esta entidade, o PP debería aclarar se Galiza vai ser a única comunidade autónoma con lingua propia diferente ao castelán que non vai regular de ningún xeito a presenza do seu idioma no sistema educativo.

A Mesa critica a “insolvencia do proxecto educativo e cultural do PP, ben visíbel nas erráticas declaracións do seu candidato á presidencia da Xunta”. A asociación en defensa do idioma propio de Galiza chama á sociedade a “non lle permitirmos ao candidato do PP ser o enterrador do galego coas súas políticas contra a nosa cultura”, pois consideran que “un novo goberno do PP suporía un retroceso letal para a lingua que nos une como galegas e como galegos”.

A Mesa rexeita os discursos demagóxicos e tremendistas de determinadas forzas políticas nos cales se axita unha inventada “imposición del gallego” e, pola contra, que estas mesmas forzas “fuxan a fume de carozo” de denunciar e combater a verdadeira “imposición lingüística” que segue padecendo a maioría social do país: “a imposibilidade de vivir en galego as 24 horas quen así o desexar”, advertida mesmo por organismos internacionais.

A asociación cidadá en defensa do galego sinala que os sectores, grupos e persoas que falan de “imposición del gallego” e claman contra a lexislación que dá carácter de oficialidade á nosa lingua propia, chegando mesmo a pedir a súa derrogación total, “son os mesmos” aos que “obxectivamente interesa” desmobilizar o electorado e que o 1 de marzo haxa unha escasa participación.

Lançamento de Begonha Caamanho, uma das nossas, em Lugo

Ângelo Brea apresenta Ensinamentos de Rahotep em Bertamiráns

Através Editora publica Ensinamentos de Rahotep, de Ângelo Brea, obra ganhadora do I Prémio de Criação Literária da Cátedra Carvalho Calero da USC

Lançamento de Tourists, go home? Em Ponte Vedra

Os artigos dos topónimos no novo Nomenclátor

Juan Luis Fernández apresenta o livro Futebol Gaélico em Celanova

Lançamento de Begonha Caamanho, uma das nossas, em Lugo

Ângelo Brea apresenta Ensinamentos de Rahotep em Bertamiráns

Através Editora publica Ensinamentos de Rahotep, de Ângelo Brea, obra ganhadora do I Prémio de Criação Literária da Cátedra Carvalho Calero da USC

Lançamento de Tourists, go home? Em Ponte Vedra