As jornadas decorrerám o próximo sábado, dia 25 de janeiro no IES As Fontinhas (rua Estocolmo, 5) de Santiago de Compostela.
Organizadas entre a CIG-ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a Mesa pola Normalización Lingüística, a nona ediçom deste encontro apresenta o seguinte programa:
- 10:00 h-11:30 h Lingua galega hoxe. Evidencias e necesidades.
PILAR GARCÍA NEGRO, profesora da UDC e escritora.
MESA REDONDA - 12:00 h-14:00 h Emerxencia lingüística e perspectivas de acordo arredor da lingua galega.
XESÚS BERMELLO GARCÍA. Secretario Nacional da CIG-Ensino.
HAKAN CASARES. Membro do Consello da Cultura Galega.
MARCOS MACEIRA EIRAS. Presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística.
HENRIQUE MONTEAGUDO. Membro da RAG.
ANA PÉREZ RICO. Presidenta da AS-PG.
REPRESENTANTE da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
TARDE - 16:00 h Experiencia de elaboración dun telexornal con alumnado de educación infantil.
MARÍA SOLIÑA BARREIRO GONZÁLEZ, profesora de Comunicación Audiovisual e Publicidade na USC. - 17:30 h Experiencia dun proxecto de recuperación do uso da lingua vasca.
KIKE AMONARRIZ, profesor de soliciolingüística e expresidente de Euskaltzaleen Topagunea. - 19:00 h Presentación do libro: Liberdade para o galego. Política, uso e disposicion da lingua.
ELSA QUINTAS ALBORÉS E MARCOS MACEIRA EIRAS. - 19:45 h Conclusións e clausura.
A matrícula é gratuíta mas precisa de inscrição, que pode ser feita aqui. Ainda, para pessoal docente, pode-se solicitar a homologaçom de 8 horas de formaçom na Conselharia de Educaçom, sendo, para obter o certificado, necessário acretidar a assistência de, no mínimmo, o 85% do tempo da atividade. Ainda, segundo estabelece a normativa sobre ajudas para financiar os gastos por asistência a actividades de formaçom do professorado, o pessoal docente pode solicitar o reintegro total de gastos de deslocamento para esta atividade. Para isto é imprescindível apresentar os justificantes de comboio, autoestrada e a declaraçom jurada em caso de utilizar veículo próprio e apresentar esta documentaçom quando saia a convocatória, junto com a memória da atividade e o certificado de assistência.
