“Os pinos. O Himno da Nazón de Breogán” palestra de Fernando López-Acuña

11 de dezembro 8 do serám no Facho



Agrupaçom Cultural 'O Facho'

Agrupaçom Cultural ‘O Facho’

Agrupaçom Cultural O Facho

Apartado de Correios nº 46

Corunha

A Agrupaçom Cultural O Facho de A Corunha convida-o assistir aos seus ciclos de palestras públicas do período 2018-19

Palestra

O vindouro dia 11 de Dezembro, martes, terça, (quarta-mércores), o académico correspondente da Real Academia Galega, Fernando López-Acuña, falará dentro do ciclo, Língua, Literatura e Naçom. A sua palestra versará sobre: “Os pinos. O Himno da Nazón de Breogán.

López-Acuña é, na actualidade, académico correspondente da Real Academia Galega e membro da sua Comissom de Historia. É membro da Irmandade da Música Galega. Assi mesmo é autor dumha ampla obra de investigaçom e ensaio em temas literários, e culturais. Sobre o Hino Galego e a figura e obra de Pascual Veiga colaborou em numerosas actividades e publicaçons. Ademais de múltiplas conferencias, participou em simpósios sobre a figura de Eduardo Pondal e Pascual Veiga, ao tempo que colaborou em exposiçons e mais en documentais sobre o Hino. Entre as súas publicaçons devem ser citadas as seguintes: “Veiga Iglesias, Pascual”, Gran Enciclopedia Gallega; “O himno. Historia, texto e música” (em colaboraçom com Manuel Ferreiro), em Barreiro Fernández, Xosé Ramón & Villares, Ramón (eds.); “Símbolos de Galicia”, Consello da Cultura Galega / Real Academia Galega; “Himno galego”, en Galicia Cen; “Obxectos para contar unha cultura”, Consello da Cultura Galega.

Em 1996 compareceu na comissom técnica do Parlamento de Galicia constituída para unha eventual modificaçom da Lei de Símbolos. Sócio d’ O Facho, foi directivo da Agrupaçom, ocupando os cargos de Secretario e Bibliotecário. Participou no ciclo de conferencias projectado para os barrios da cidade co tema, “Os instrumentos musicais tradicionais galegos”.

Acto: Dia: 11 de Dezembro 2017 – Hora: 8 do serám

Local: Portas Ártabras

Rua Sinagoga 22 – Corunha

J. Alberte Corral Iglesias Presidente d’O Facho


PUBLICIDADE